miércoles, 16 de abril de 2014

V CONCURSO LITERARIO “A Xanela”


O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Valle- Inclán convoca o

 

                   V CONCURSO LITERARIO “A Xanela”

 

De acordo coas seguintes BASES:

 

  1. O traballo consistirá en elaborar un poema en lingua galega (versos con rima ou verso libre) no que o lema será A GASTRONOMÍA.
  2. Poderán participar todos os alumnos de Educación Infantil e Primaria matriculados no CEIP Valle- Inclán.
  3. Só se admitirá un poema por alumno en E.P.; ou por aula en E.I.
  4. Cada poema terá como mínimo 6 versos e levará un título; excepto en E.I. e 1º ciclo de E.P., que a extensión será libre.
  5. Ao pé de cada composición poética elaborarase unha ilustración (coloreada) alusiva ao seu poema.
  6. O formato será en tamaño A4.
  7. En cada traballo deberán constar, polo seu reverso, os seguintes datos: “V Concurso Literario A Xanela”, nome e apelidos do autor e nivel ao que pertence. No caso de E.I., nome e apelidos da titora; e nivel e nome da aula.
  8. O POEMA SERÁ ELABORADO NAS AULAS, NON NA CASA ata o 9 de maio de 2014. O titor/a entregará ao representante do EDLG no seu ciclo os traballos elaborados; no caso de E.P., facendo unha selección de 3 que serán os que pasen á fase final.
  9. Todos os traballos presentados deberán estar en posesión do EDLG o día 9 de maio.
  10. Establécese un premio por alumn@ premiad@, agás en E.I. que será un premio por aula.
  11. O día 12 de maio, o xurado composto por 2 membros do EDLG, 1 representante do Equipo Directivo, 1 representante do Equipo de Biblioteca, 2 representantes de Normalización Lingüística do concello de Oleiros, a directora da Biblioteca Rialeda e 1 representante da ANPA e presidido pola coordinadora do EDLG, será o encargado de elixir o mellor poema de cada nivel valorando a creatividade, a orixinalidade e a presentación do mesmo.
  12. Os nomes e poemas dos gañadores do V Concurso Literario “A Xanela” serán publicados no Blog do EDLG (http://axanelavalle.blogspot.com.es/) e no Boletín informativo Xovesí. Posteriormente farase unha exposición de todos os traballos participantes.
  13. O día de celebración das Letras Galegas, en horario e lugar que aínda están sen determinar, entregaranse os agasallos aos alumnos gañadores que consistirán nun libro en lingua galega e un diploma que acredite a súa autoría e participación no Concurso.
  14. O feito de participar neste V Concurso Literario “A Xanela”, significa a aceptación das súas bases. O veredicto do xurado será inapelable. Todas as incidencias que non estean contempladas nestas bases serán resoltas polo xurado unha vez que sexa constituído.

 

 

                               Perillo, abril do 2014

                               O EDLG do CEIP Valle- Inclán